Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Varios / No Recuncho da Palleta deste domingo lembramos a Ramona da Peruca

No Recuncho da Palleta deste domingo lembramos a Ramona da Peruca

Varios

lumepalleira

Este domingo, no "Recuncho da Palleta" do programa "Lume na Palleira" conducido por Emilio Españadero, contaremos con Guillerme Inácio, que nos traerá a Ramona García, da Peruca. Ramona da Peruca era das poucas pandeireteiras que coñecín que tocaba a muiñeira "adiante-atrás-adiante", dun xeito moi semellante ao que chamamos toque de muiñeira vella, mais coa man aberta. 

Non te perdas, esta nova emisión do Recuncho da Palleta dentro do programa Lume na Palleira, o domingo as 17:00 horas.