Enquisa para coñecer as consecuencias da crise da COVID-19 no sector da música e o baile tradicionais galegos
Venres, 12 Marzo 2021 18:13
Un ano despois da irrupción da pandemia pola COVID-19, dende a Asociación de Gaiteir@s Galeg@s cremos que é fundamental coñecer as consecuencias económicas derivadas da crise sanitaria no ámbito da cultura tradicional de base, peza fundamental no entramado socioeconómico do sector cultural galego.
Para elo queremos convidar a todas as entidades e persoas que traballamos neste eido a realizar o cuestionario ao que podes acceder ata o domindo 21 de marzo no enlace: https://forms.gle/e2P6zoWkepBc8rgz6, que ten como obxectivo coñecer a realidade do sector perante a crise do último ano.