Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Varios / Fondo pesar polo pasamento de Rogelio Rodríguez Barreiro

Fondo pesar polo pasamento de Rogelio Rodríguez Barreiro

Varios

rogelio rodriguez barreiroRecibimos a triste nova do falecemento do marinense Rogelio Rodríguez Barreiro. Unha persoa ben querida na parroquia de Marín e sobre todo no mundo da música tradicional, pola que sentía unha gran paixón. Foi integrante de 'Os Chaneiros' e 'Trompos os Pes' e fundador do grupo de gaitas 'Centenario' de Lourizán. O funeral celebrarase hoxe ás cinco da tarde no Templo Novo de Marín.

Dende a AGG compartimos a dor e lamentamos fondamente a súa perda. DEP