Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Varios / Fondo pesar polo pasamento de Florentino Ruibal Rivas, "Flor da Maquía"

Fondo pesar polo pasamento de Florentino Ruibal Rivas, "Flor da Maquía"

Varios

flor 2010 pqDende a Asociación de Gaiteir@s Galeg@s manifestamos o noso fondo pesar polo pasamento de Florentino Ruibal Rivas, "Flor da Maquía".

Nado no ano 1928 no lugar da Maquía da parroquia de Buscás (Ordes). Tocou con "Airiños de Buscás" e tamén con "Os da Fraga". Un dos grandes expoñentes do toque pechado na provincia da Coruña.

Xa de maior sufriu anxinas de peito que non lle permitiron soprar, pero Flor foi quen de argallar un sistema cun inflador para seguir desfrutando coa súa paixón na casa familiar de Poulo, onde recibía a todo aquel que quixese escoitalo.

 

Dende a Asociación de Gaiteir@s Galeg@s compartimos a dor e lamentamos fondamente a súa perda.

DEP