Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Varios / O XXXII Memorial Lola Diz e VIII Memorial Henrique Otero, organizado pola AF Breogán de Moaña no vindeiro Recuncho da Palleta

O XXXII Memorial Lola Diz e VIII Memorial Henrique Otero, organizado pola AF Breogán de Moaña no vindeiro Recuncho da Palleta

Varios

lumepalleiraEste domingo, no "Recuncho da Palleta" do programa "Lume na Palleira" conducido por Emilio Españadero, contaremos con Xaime Estévez que nos falará do XXXII Memorial Lola Diz e VIII Memorial Henrique Otero, un acto moi importante para a AF Breogán de Moaña, no que rendirán unha sentida homenaxe a Lola Diz, fundadora e primeira presidenta da AF Breogán de Moaña e a Henrique Otero, o seu primeiro mestre de gaita.

Esta edición será o día 17 de outubro ás 20.00 horas en formato dixital, para poder desfrutala alá onde chegue internet, co menor risco posible.

Non te perdas, esta nova emisión do Recuncho da Palleta dentro do programa Lume na Palleira, o domingo as 17:00 horas