Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Varios / Medidas de seguridade para a 27 mostra de instrumentos de música tradicional

Medidas de seguridade para a 27 mostra de instrumentos de música tradicional

Varios

 

cartaz pardiasINFORMACION IMPORTANTE!!Xa queda pouco para a 27 mostra de instrumentos de música tradicional que terá lugar o vindeiro sábado día 1 de agosto en Parga!! 

Como sabedes esta será unha edición especial cun formato diferente, adaptado á situación que estamos vivindo, e con todas as medidas de seguridade esixidas por mor da Covid 19. 

Debemos facer todas e todos un exercicio de responsabilidade e cumprir as medidas de prevención vixentes para poder disfrutar desta mostra e ao mesmo tempo coidarnos e evitar contaxios, e ao que incumpla as normas invitaráselle a abandoar o recinto.

A continuación indicámosvos as medidas de seguridade que teremos durante toda a xornada

-O recinto estará debidamente acotado e valado, cunha única entrada e cunha única saída con persoal que controle o aforo.

-O aforo estará permanentemente controlado e limitarase segundo a asistencia.

-Obrigatoriedade do uso de máscaras no interior do recinto.

-Obrigatoriedade de manter as distancias de seguridade.

-Haberá dispensadores de xel hidroalcohólico na entrada e na saída do recinto, en todos os puntos de venta e en distintos lugares como aseos, a zona do escenario … etc.

-Non se permitirá a presenza no recinto daquelas persoas que incumpran estas normas.

-O recinto estará sinalizado e para visitar a mostra contarase cun circuíto nun solo sentido para facer o percorrido por diante de todos os postos da mostra, non se permitirá ir para adiante e para atrás na zona dos postos, nin aglomeracións diante dos mesmos.

-Non se permitirá tocar para evitar aglomeracións e agrupamentos de público que incumplan coas distancias de seguridade.

-Estará prohibido probar os instrumentos dos artesáns. **No caso de utilización de obxectos que se intercambien entre os clientes ou usuarios, procurarase o uso de forma recorrente de xeles hidroalcohólicos ou desinfectantes con carácter previo e posterior ao seu uso para a hixienización destes obxectos.

- Os asistentes ás distintas actividades ( pregón, presentación libro Seivane, mesa redonda e concerto de Tres Pesos) deberán permanecer sentados nas cadeiras habilitadas.

-Disporase de contedores para depositar panos e calquera outro material desbotable.

-Contarase cun equipo de megafonía durante todo o día lembrando a obrigatoriedade do uso das máscaras e de manter a distancia de seguridade en todo momento.

-Colocarase carteleira visible lembrando a obrigatoriedade do uso das máscaras e de manter a distancia de seguridade en todo momento.

-Baños – aconséllase limitar o seu uso na medida do posible, pero contarase con persoal para desinfección dos mesmos.
#MostraDeInstrumentosDeMusicaTradicional
#FestivaldePardiñas #agg