Lembranza ao noso Santi Caneiro, cando fai un ano do seu pasamento.
Mércores, 15 Xullo 2020 09:05
Hai un ano que nos deixou o noso Santi Caneiro, facemos lembranza del con este poema de Luz Pozo Garza, e este vídeo do ano 1992 coa agrupación Berce no domingo das mozas do San Froilán de Lugo.
“Este home trae
herba nos pés
e un regato de violíns
nas maus.
Polas súas coxas
ruben hedras de
música.
Non petedes nas
portas de noite
nin botedes a rolo as
pombiñas,
que este home
trae tódolos paxaros
na súa gaita.
Xan non se deitan
nenos polo prados.
O gaiteiro fai fitas de
millo
e na súa boca hai
vento de oriolos.
A mesma chuvia,
vertical citola,
non baixa desde
Deus, rube da gaita”.
Enlace ao vídeo do ano 1992 coa agrupación Berce no domingo das mozas do San Froilán de Lugo https://www.facebook.com/AGGtradiciongalega/videos/282390053016618/
Fotografía de J.Presedo.