Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Varios / XXI Memorial Ricardo Portela

XXI Memorial Ricardo Portela

Varios

fotomostra webEste fin de semana estaremos en Pontevedra nunha nova celebración do Memorial Ricardo Portela. Será os días 17 e 18, e traerá algunhas novidades para cumprir coas medidas de seguridade precisas por mor da Covid-19.

Nesta edición a mostra de artesáns de instrumentos de música tradicional ficará no Paseo Antonio Odriozola e como é habitual, poderemos desfrutar de música tradicional durante todo o día con pasarrúas polo centro histórico da cidade. Pero onde se reflicten os maiores cambios é nas actuacións de escenario, xa que o aforo estará limitado a 187 persoas, as cales deberán permanecer sentadas durante os concertos.

Programa XXI Memorial Ricardo Portela

Venres 17 de xullo
De 17.00h. a 21.30h. - XVIII Mostra de Artesáns de Instrumentos Tradicionais
De 17.30h. a 20.30h. - Pasarrúas: Airiños do Petouto, Maraghotas, Os Gaiteiros da Rías Baixas, Os Muiñeiros do Sarela
21.00h. - Concerto: Fiandola

Sábado 18 de xullo
De 11.30h. a 14.00h. e de 17.30h. a 21.30h. - XVIII Mostra de Artesáns de Instrumentos Tradicionais
De 11.30h. a 13.30h. e De 18.00h. a 20.30h.: Pasarrúas: Cántigas e Frores, Carme López e Sandra Pérez, Contracocheno, Picuiña e Os Xirifeiros
21.00h. – Homenaxe: Felicia Insuela
21.15h. - Concerto: Os Melidaos

Artesáns da Mostra:
Afonso Castro, Alberto Pires, Foliqueiras, Iago Salgado, Lorena Reinaldo, Luís Martínez, Master Gaita, Nebra, O Chilro, Oli Xiráldez, Tunhas e Xaneco