CONCURSO "MUSICANDO CARVALHO CALERO 2020"
Venres, 10 Xullo 2020 07:14
“Musicando Carvalho Calero” é un concurso musical deseñado pola AGAL (Associaçom Galega da Língua) en colaboración coa CRTVG. O obxectivo consiste en musicar um poema de Carvalho Calero, o autor homenaxeado este ano polas Letras Galegas.
Poden participar grupos ou solistas de calquera estilo musical.
O premio para o grupo ou solista gañador incluirá:
a) por parte da CRTVG, a promoción, entrevistas e actuación na Radio Galega e na TVG. O gañador poderá gravar o seu tema nos estudios da Radio Galega, incluída a gravación dun vídeo musical.
b) por parte de AGAL, a asociación entregará un premio metálico de 1.500 €.
Importante: o prazo para enviar os temas remata o 22 de setembro.
Podes consultar as bases e toda a información no seguinte enlace: https://carvalho2020.gal/eventos/musicando/?lang=gl