Asociacion de Gaiteiros Galegos

Gaiteiros galegos
Inicio / Novas / Varios / ALUMNAS DA TRADESCOLA PARTICIPARÁN NUNHA MONTAXE MUSICAL PARA CONMEMORAR O DÍA DA MULLER

ALUMNAS DA TRADESCOLA PARTICIPARÁN NUNHA MONTAXE MUSICAL PARA CONMEMORAR O DÍA DA MULLER

Varios

89061539 613748329182588_2710765022572707840_oAlumnas da Tradescola, escola de música tradicional galega que xestiona a Asociación de Gaiteir@s Galeg@s na cidade de Lugo, participarán con Proxecto Consoante (unha colaboración artística entre o alumnado de canto tradicional da Tradescola de Lugo, O Xeito de Lugo, Escolas municipais de RábadeBegonteOuteiro de Rei, A.C. Son de Cores de Becerreá e A.C. Xardois (Cervantes)) nunha montaxe musical por encargo da Plataforma Galegas 8M para conmemorar o Día da Muller.

Esta performance musical entorno á violencia contra as mulleres, e o empoderamento feminino participada por voces e percusións de arredor de 35 mulleres terá lugar na Praza da Horta do Seminario, o 8 de Marzo, ás 13:00 h. e terá unha duración duns 20 minutos. 

Nova ao completo premendo no título.

O tema escollido na celebración deste 8 de Marzo do 2020 son os coidados: “Sen coidados non hai vida”. Segundo Branca Villares, coordinadora do Proxecto: “É algo no que levamos cavilando tempo os grupos de mulleres que conforman as aulas de música tradicional, e pensamos que está íntimanente relacionado coa nosa actividade: A mesma participación nestes grupos de mulleres que nos xuntamos periódicamente para cantar, para compartir vivencias e historias propias, e cantigas e historias das mulleres que nos precederon... é un xeito de coidarnos entre nos, e a nos mesmas”.

“Nas nosas aulas de canto tradicional galego, formadas maioritariamente por mulleres, levamos un longo traballo de reflexión acerca do crucial papel que as mulleres xogaron na transmisión oral de cantigas, contos, saberes e coidados e outros elementos clave que conforman a nosa identidade cultural.”

As aulas e o proxecto están coordinadas por Branca Villares.