Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Varios / 25 Xantar Gaiteiro AGG - Homenaxe a Erminda Miramontes - 29 marzo - Santiago de Compostela

25 Xantar Gaiteiro AGG - Homenaxe a Erminda Miramontes - 29 marzo - Santiago de Compostela

Varios

 

25xantargaiteiro web - copia

 

!!! CANCELADO!!!

A Asociación de Gaiteir@s Galeg@s ten o pracer de convidarte ao tradicional Xantar Gaiteiro, que nesta 25ª edición terá lugar no Concello de Santiago o vindeiro 29 de marzo.

Como xa sabes, esta xuntanza ten como finalidade principal a de pasar un día agradable en compaña dos que gustamos da música tradicional, creando así un punto de encontro, de intercambio e de festa. Ademais, queremos aproveitar a celebración para render unha emotiva homenaxe a Erminda Miramontes.

O programa será o seguinte:

12:30h. Homenaxe a Erminda Miramontes no Centro Sociocultural de Santa Marta. (R/Antonio Rama Seoane – 6 – Santiago de Compostela)

14:30h. XV Xantar Gaiteiro no restaurante Nave de Vidán (Av. Da Mestra Victoria Míguez – 44 - Santiago de Compostela )

MENÚ: Sopa, cacheira, lacón, costela, garavanzos, patacas, grelos e chourizos, pan, bebida: ribeiro granel tinto e branco, auga, cervexa, refrescos. De sobremesa: queixo con marmelo, cafés e licores.

PREZO: 24 euros por persoa (que serán entregados ao entrar).

Prazas limitadas polo aforo do local. Para poder asistir ao xantar é necesario a previa inscrición. Data límite para a reserva: 18 de marzo.

Mais información e reservas nos teléfonos 986 84 70 74 / 982 22 99 66 ou a través do correo electrónico Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo

Reservade a data!!! Esperámosvos!!!