Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Varios / A TRADESCOLA ACHEGARÁ A MÚSICA TRADICIONAL ÁS NENAS E NENOS DE CASTRO DE REI E CASTRO DE RIBEIRAS DO LEA

A TRADESCOLA ACHEGARÁ A MÚSICA TRADICIONAL ÁS NENAS E NENOS DE CASTRO DE REI E CASTRO DE RIBEIRAS DO LEA

Varios

cartaz cdtrad_castro_web - pqA Tradescola,  xestionada pola Asociación de Gaiteir@s Galeg@s en Lugo, achegarase o vindeiro mércores 12 de febreiro ata Castro de Rei e Castro Ribeiras do Lea para realizar dúas novas xornadas didácticas de música tradicional para escolares.

Estos concertos terán lugar concretamente para os alumn@s dos CEIP Ramón Falcón e CEIP Veleiro Docampo e neles farase un percorrido polos distintos instrumentos e formacións musicais que protagonizaron a historia da música galega nos últimos séculos. Nestes concertos amosaranse os distintos ritmos, formacións e instrumentos protagonistas da música tradicional e popular galega, como gaita, zanfona, acordeón, tambor, bombo, pandeireta.....etc, dun xeito ameno e didáctico para achegar á comunidade escolar á nosa música e ás nosas tradicións

 

Estes concertos didácticos estarán guiados polos mestres da Tradescola, Xabier Iglesias, Paula Fernández, Carme López e Germán Díaz.