Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Varios / Chega o Apalpador a Lugo!!! Mañá 21 de decembro a partir das 16.30 no Patio do Vello Cárcere

Chega o Apalpador a Lugo!!! Mañá 21 de decembro a partir das 16.30 no Patio do Vello Cárcere

Varios

cartaz apalpador 2019Chega o Apalpador a Lugo! A Tradescola, xunto coa Volta do Agro, Cántigas e Frores, Semente, a Mesa pola normalización Lingüística, CS Mádia Leva,O Xeito, Troupelear, e Asoc Antonio Gandoy, presentan este mes de decembro, coa colaboración da Concellaria de Cultura de Lugo, a Deputacion de Lugo, as Librarias Trama e Biblios e a Biblioteca Pública Municipal de Lugo, un proxecto de animación e socialización da figura infantil do Apalpador, para fomentar a participacion da cidadanía na visibilizacion do xigante do Courel.
O Carvoeiro Apalpador, que está ligado á tradición do nadal, representa unha figura mítica e máxica que baixa do Courel a noite do solstício de inverno -o 24 de decembro- e visita @s nen@s, deixándolles unha presa de castañas e algún presente, desexando un ano cheo de fartura e felicidade, palpándolles a barriguinha murmurando “Así esteas todo o ano” .
Queremos contar con tod@s na tarde do 21 de decembro no Patio do Vello Cárcere a partir das 16h30 para darlle a Benvida ao Apalpador. Haberá moitas sorpresas anunciando a saída do Apalpador do Courel e á súa chegada a Lugo recibirémolo con obradoiros de música e danza tradicional, recoñecemento da fauna e a flora do Courel, contacontos e cantigas tradicionais de nadal.