Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Varios / Mestres da Memoria ligados á música do país no vindeiro Recuncho da Palleta

Mestres da Memoria ligados á música do país no vindeiro Recuncho da Palleta

Varios

 

lumepalleiraEste domingo, 22 de decembro, no Recuncho da Palleta lembraremos a Mestres da Memoría que teñen a ver coa música do país.  Vitor Otero da AGG e Antonio Reigosa, responsable da sección de literatura oral da Asoc. de Escritores en Lingua Galega repasarán a traxectoria das persoas premiadas co galardón Mestres da Memoría que tiveron a súa vida ligada á música dun ou doutro xeito.

 

Non te perdas, esta nova emisión do Recuncho da Palleta dentro do programa Lume na Palleira, o domingo as 17:00 horas.