Homenaxe ao Padre Marino Domínguez Chantrero
Venres, 22 Novembro 2019 15:42
A asociación artístico cultural "Os Chaneiros" e o colexio San Narciso, contando con colaboradores de outras épocas dos Chaneiros, teñen a ben organizar este acto na honra do Padre Marino, o noso fundador, que ademais foi padre Paúl do Colexio San Narciso. Do que tamén foi mestre. O acto fai un chamamento ós ex de tódalas xeracións. Realizarase con música, coma el sempre quixo.
O pasado 19 de outubro os 85 anos, falecía en Ourense o P. Marino Dominguez Chantrero. Home polifacético e que entre outras moitas facetas destacaba pola de ser un Galeguista que ademáis de amar a súa terra e a súa cultura traballou incansablemente na súa divulgación. Colaborou activamente en moitos proxectos relacionados coa nosa cultura, entre eles na fundación da Asociación de Gaiteir@s Galeg@s, estivo presente en distintas reunións que foron o xermen da actual Asociación.
Sempre tratou de acercar a nosa música os nenos, polos Chaneiros, grupo que funda en Marín a principio doa anos 70 pasaron centos de nenos, moitos pasaron a formar parte dos Chaneiros e outros tras esta primeira toma de contacto continuaron a súa formación noutros grupos. A labor desinteresada do P. Marino e tantos outros nos anos 70 e 80 son a base sobre a que hoxe se sustenta a forza da nosa música.
Seguindo a vontade de moitos, que non puideron ir o seu funeral no Santuario dos Milagres de Maceda a presentar as súas condolencias, vaise a realizar unha homenaxe a súa figura en Marín. Concretamente os actos terán lugar no Colexio San Narciso, en Chan do Monte, na que foi a súa casa durante moitos anos.
Os actos serán o día 24 de Novembro (Domingo) e consistirán nun acto homenaxe ás 17:00 na Mesa de Pedra que fica o fondo da pista de atletismo. Recórdannos que el colaborou activamente na súa construcción e é un lugar privilexiado para adicarlle unhas verbas. Durante o acto descubrirase unha placa na súa memoria nun recuncho do patio que el mismo labrou da pedra e despois xa no salón de actos faremos un recordo da súa traxectoria de mans do Irmán Elixio Rivas e doutras persoas que compartiron vivencias con el. Durante o acto tocarán Os Chaneiros, grupo que fundou nos anos 70 e segue en activo, e antiguos alumnos como Picuiña ou o gaiteiro Anxo Lorenzo entre outros.
Despois do acto na Mesa iremos para o Salón de Actos ónde continuaremos coa homenaxe, recordando a figura do P. Mariño e o que significou para "Os Chaneiros", o Colexio e tantas outras persoas que tiveron relación con él. Para finalizar ( sobre as 19:00) celebraremos unha misa en galego na súa honra,na que se fará a ofrenda con gaita e baile que o propio Padre Marino montou no seu dia e ónde nos gustaría que soaran gaitas de tódalas épocas dos Chaneiros, todos tocando xuntos para él.
As cancións que se tocarán na misa serán: Antiguo Reino, Himno Galego, A Barroca e non pode faltar o "Baile da Misa".
Dende a organización deste evento, invitamos a todo aquel que queira colaborar no acto a poñer o seu gran de area. Quérese aproveitar este evento para facer un reencontro dentro desta gran familia Chaneira, que é o que sempre desexou o Padre Marino
Os medios para colaborar pasan por:
- Xuntarse cos excompañeiros e adicar unha canción libre no acto homenaxe.
- Tocar na misa durante as canción de: entrada, consagración e saída.
- Preparar unhas verbas
- Se non vas a poder asistir e queres participar neste acto, farase un pase de videos o remate da misa de toda a xente que lle queira facer unha dedicatoria. O ideal sería ter videos de non moito máis de 30 segundos. e envialos os chaneiros,no correo
Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo
. Agradecerase a participación enviando fotos únicas ou recordos para honra-la memoria do Padre Marino.
Para a coordinación da música para a homenaxe, os chaneiros convocan ós ex para afinar e repasar os temas, o sábado ás 12 da mañá, no colexio San Narciso.
Todo aquel que desexe colaborar tocando no evento, debe personarse nese ensaio.