Charla – Concerto na Tradescola "A PEGADA DA VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES NAS CANTIGAS DA MONTAÑA" por Branca Villares
Xoves, 21 Novembro 2019 17:36
A Tradescola organiza para o vindeiro martes 26 de Novembro ás 19.00 horas unha actividade de sensibilización contra a violencia de xénero consistente nunha Charla – Concerto: "A PEGADA DA VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES NAS CANTIGAS DA MONTAÑA" que estará impartida por Branca Villares.
Este relatorio – concerto, que terá lugar no Salón de Actos do Lug 2 (Tradescola) é unha proposta à reflexiòn dende a experiencia de 16 grupos de mulleres que cantan. Nestos 16 grupos de mulleres de toda a provincia de Lugo traballouse periòdicamente durante 2 cursos en repensar què cousas das que se cantaban tiña sentido seguir cantando.
De todas estas reflexións e das cantigas que as acompañan é que se compòn esta charla.
Nesta ocasión Branca Villares estará acompañada por alumnado da Tradescola, concretamente aulas de perfeccionamento de canto tradicional e pandeira.
Esta actividade organízase co obxectivo de promover e facer visible o noso rexeitamento ante calquera tipo de violencia contra as mulleres.