Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Varios / A Asociación Berros do Castro organiza a XI Xornada de Cultura Popular Galega "Xogando coa tradición"

A Asociación Berros do Castro organiza a XI Xornada de Cultura Popular Galega "Xogando coa tradición"

Varios

sadurnioA Asociación Berros do Castro organiza a XI Xornada de Cultura Popular Galega "Xogando coa tradición" que terá lugar o sábado 30 de novembro, na casa da cultura de San Sadurniño.

Constará de 3 bloques culturais:

- A EXPOSICIÓN "O xoguete tradicional na nosa cultura" , reusltado do labor de investigación do escritor Antón Cortizas.
- O OBRADOIRO "O Pandeiro cadrado na Galiza" a cargo de Xulia Feixoo e Guillerme Inácio Costa
- Os CONCERTOS abertos e gratuitos a partires das 20 horas a cargo, en primeiro lugar dos docentes e alumnos do obradoiro, da A. C Buxainas Cedeira e o cuarteto ferrolán RAPARIGOS · gaiteiros galegos