Tradición en Feminino no vindeiro Recuncho da Palleta
Venres, 15 Novembro 2019 16:00
Este domingo, no "Recuncho da Palleta" do programa "Lume na Palleira" conducido por Emilio Españadero, Carme López e Marina F. Vigo falarannos sobre a actividade Tradición en Feminino, unha xornada que organiza a AGG o vindeiro sábado 23 de Novembro en Arcos, coa que quere reivindicar o enorme e imprescindible papel que tivo e ten a muller para a preservación e transmisión da nosa riqueza cultural. Unha xornada lúdica onde compartir tradición tocando, cantando e bailando a través de obradoiros prácticos, unha charla e unha mesa de debate.
Non te perdas, esta nova emisión do Recuncho da Palleta dentro do programa Lume na Palleira, o domingo as 17:00 horas.