O Proxecto Pesquedellas no vindeiro Recuncho da Palleta
Xoves, 31 Outubro 2019 18:20
Este domingo, no "Recuncho da Palleta" do programa "Lume na Palleira" conducido por Emilio Españadero, Carme López entrevistará ás integrantes do proxecto pesquedellas, un grupo de xoves betanceiras que están a realizar labores de investigación a través de entrevistas e visitas a diferentes persoas relacionadas coa música tradicional (informantes, mestres...) para coñecer as súas vivencias e podelas compartir e divulgar.
Non te perdas, esta nova emisión do Recuncho da Palleta dentro do programa Lume na Palleira, o domingo as 17:00 horas.