Asociacion de Gaiteiros Galegos

Gaiteiros galegos
Inicio / Novas / AGG / O Serán desta aldea: "Cernadela"

O Serán desta aldea: "Cernadela"

AGG

cartaz serandestaaldea_cernadela_webO vindeiro domingo 3 de novembro organizamos, coa colaboración do Concello de Mondariz e a Deputación de Pontevedra a segunda edición de O SERÁN DESTA ALDEA. Xornada do Baile Comunal, unha xornada lúdica onde compartiremos tradición, tocando, cantando, bailando e homenaxeando ás tocadoras e beilladoras da aldea protagonista, de xeito que poidamos reivindicar ás nosas grandes mestras da tradición e colaborar a consolidalas como o referente vivo que teñen que ser. 

Esta edición estará adicada a Cernadela (Riofrío, Mondariz), e nela teremos a ocasión de asistir a un obradoiro de pandeireta impartido por Leni Pérez, "A pandeireta en Cernadela"; o relatorio “Máis alá dos grupos, o fenómeno das ‘Nueches en danza’ en Asturies” da man do etnomusicólogo Llorián García; e ao obradoiro de baile que impartirá Pichi Abollado "O baile en Cernadela". Ademais poderemos desfrutar das propias protagonistas que nos contarán as súas experiencias.

Programa 

10.45h. Inauguración

11.00h. Obradoiro “A pandeireta en Cernadela”.

13.15h. Relatorio “Mais alá dos grupos, o fenómeno das ‘Nueches en danza’ en Asturies”.

14.30h. Xantar de confraternización. 

16.30h. Obradoiro “O baile en Cernadela”.  

18.30h. Descanso

18.45h. Conversa e homenaxe ás pandeireteiras de Cernadela (Riofrío, Mondariz).

20.00h. Serán 

Aforo limitado. A asistencia é de balde previa inscrición. Asimesmo, o xantar de confraternización terá un custo de 15€ /persoa e é preciso inscribirse antes do día 1 de novembro para asistir ao mesmo.

Podedes realizar as inscricións a través do correo electrónico  Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo " ou a través de teléfono nos números 986 847 074 – 982 229 966