Ritmos e xéneros da música de tradición oral galega no vindeiro Recuncho da Palleta
Venres, 11 Outubro 2019 10:55
Este domingo, no "Recuncho da Palleta" do programa "Lume na Palleira" conducido por Emilio Españadero, estreamos como recuncheira a Carme López, que nos falará de "RITMOS E XÉNEROS DA MÚSICA DE TRADICIÓN ORAL GALEGA", a nova materia que imparte na Tradescola, e unha das novidades que trae este curso!!
Non te perdas, esta nova emisión do Recuncho da Palleta dentro do programa Lume na Palleira, o domingo as 17:00 horas.