Asociacion de Gaiteiros Galegos

Gaiteiros galegos
Inicio / Novas / Varios / VII Festa da Afirmación e a Dignidade

VII Festa da Afirmación e a Dignidade

Varios

festaafirmaciondignidadeA Irmandade Manuel María e a Asociación Xermolos, organizan este sábado 21 de setembro, coa colaboración do Concello de Meira, a VII Festa da Afirmación e a Dignidade no Pedregal de Irimia.

O programa comezará ás 12.00 horas coa lectura do Manifesto por Baldomero Iglesias "Mero", e dos comunicados de varios colectivos: representantes da Irmandade Manuel María, representante de Adega, representante dos presos independentistas galegos, representante da Asociación Avelino Díaz e outros colectivos.

Realizarase a entrega das "Mans de Irimia", obra do creador Manuel Pardo López, “ao distinguido amigo e profesor do entendemento desde a palabra e para os feitos; D. Isaac Alonso Estraviz". Fará a memoria e recoñecemento Bernardo Penabade.

A título póstumo a recibirá Santi Caneiro, “construtor de tantas melodías e soños, amigo que recentemente foi navegar outras nostalxias”, do que fará unha memoria do seu labor e merecementos Mero. O premio recolleranno a súa compañeira e a filla María.

A parte musical correrá a cargo do Grupo de Gaiteiros do Padroado de Cultura Concello de Narón. 

Non faltará o xantar popular, ás 14.00 horas. Os interesados en asistir deben inscribirse.

Finalmente, ás 16.30 horas rematará a programación cos recitais de música e poesía, na Praza do Convento de Meira, a cargo das Pandereteiras Nove Ferreñas de Meira, Cantareiras Sócratas e outras agrupacións musicais.