Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / AGG / A AGG organiza as VI Xornadas de baile tradicional en Lugo

A AGG organiza as VI Xornadas de baile tradicional en Lugo

AGG

 cartel xbailelugo2019A Asociación de Gaiteir@s Galeg@s abre o prazo de inscrición para as VI Xornadas sobre Baile Tradicional, que terán lugar en Lugo o vindeiro 22 de setembro en horario de 12.00 horas a 13.30 horas e de 16.30 horas a 20.00 horas.

Estas xornadas, que están pensadas tanto para os profesionais do mundo da danza, como para todos aqueles interesados no baile galego que queiran completar os seus coñecementos e participar de xeito activo na mellora e dinamización da nosa tradición terán lugar na Tradescola - Salón de Actos do Centro Lug 2 (Rúa Pintor Corredoira nº 4 – LUGO).

Nestas xornadas contaremos con grande profesionais do baile tradicional como son Ruth Pérez, Olga Kirk e Francisco Feijóo "Xisco", que serán os encargados de amosarnos e ensinarnos algúns dos bailes mais característicos da tradición galega.

Estas xornadas que están patrocinadas pola Secretaría Xeral de Cultura, son xa unha cita anual imprescindible para tod@s @s amantes do baile tradicional.

Lugar: Tradescola - Salón de Actos do Centro Lug 2 (Rúa Pintor Corredoira nº 4 – LUGO)

Data: 22 de setembro de 2019

Programa das VI Xornadas de Baile Tradicional  

11.45h - Recepción participantes e apertura da Xornada

12.00h - Relatorio-Obradoiro "O baile na Fonsagrada". Imparte Ruth Pérez

13.30h - Xantar

16.30h - Relatorio-Obradoiro "O baile en Limiñoa". Imparte Olga Kirk

18.00h - Descanso

18.30h - Relatorio - Obradoiro "As añas". Imparte Francisco Feijóo "Xisco" 

Os obradoiros son de balde e as prazas limitadas, tendo preferencia @s soci@s da AGG e alumn@s da Tradescola, que disporán ata o mércores 18 para inscribirse, e partir desa data si quedan prazas dispoñibles, cubriranse coas solicitudes de inscrición de non soci@s, según orde de chegada.

INSCRICIÓNS: Deberán facerse nos teléfonos 986 84 70 74 ou 982 22 99 66 ou enviando un correo electrónico a Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo indicando nome, apelidos, un teléfono de contacto e mail.