A TRADESCOLA INCORPORA A GERMÁN DÍAZ NO SEU CUADRO DOCENTE PARA IMPARTIR A MATERIA DE ZANFONA
Venres, 06 Setembro 2019 10:00
A TRADESCOLA, o centro de ensino da música, do canto e do baile tradicional galego xestionado pola Asociación de Gaiteiros Galegos en Lugo ven de incorporar no seu cuadro docente a Germán Díaz, recoñecido profesional que conta cun dilatado currículo, como músico e como docente, e que está recoñecido como un dos mellores zanfonistas da escea actual.
A TRADESCOLA conta no seu equipo docente con 10 dos mellores mestres no eido da música e do baile tradicional. Os mestres e mestras implicados neste proxecto educativo son: Bruno Villamor, Mª Carmen Saborido, Paula Fdez. Rodríguez, Xabier Iglesias, Jose Manuel López, Branca Villares, Roberto Rodríguez, Carme López , Miguel Anxo López Buján e Germán Díaz.
A Tradescola mantén aberta estos días a matrícula para o vindeiro curso nas aulas de gaita, zanfona, acordeón, baile tradicional, canto e pandeireta, pandeira, percusión, requinta, e linguaxe musical ademais de aulas específicas para os máis pequenos.
A matrícula permanecerá aberta en horario de 12.00 a 14.00 e de 16.00 a 19.00 horas ata o 20 de setembro nos seus locais na Rúa Pintor Corredoira nº 4 de Lugo.(Centro Lug2), a través do correo electrónico Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo ou no tlf. 982229966.