Pesar polo pasamento de Xaquín Míguez, "Xocas"
Domingo, 28 Xullo 2019 19:12
Onte deixábanos Xaquín Míguez, mais coñecido como "Xocas", gaiteiro, artesán, compositor e mestre xeneroso que adicou a vida á música tradicional.
Nado en Pazos de Borbén, emigrou a Brasil con apenas 14 anos e levou a nosa gaita polo mundo; Canadá, Estados Unidos, Inglaterra,Libia, Malta,... Voltando anos despois á súa terra para montar o seu obradoiro de artesán.
O noso colectivo ten un grande pesar polo seu pasamento, máis teremos sempre o seu legado na nosa memoria colectiva.
Que a terra che sexa leve!