Finou Santiago Caneiro
Luns, 15 Xullo 2019 11:08
Hoxe finou Santiago Caneiro un dos bos e xenerosos que deu a Nosa terra, adicou a súa vida á música tradicional, en multitude de tarefas, facendo grabacións de Campo aos nosos vellos, impulsando asociacións culturais de base, grupos de Gaiteiros, de pandeireteiras, bandas de gaitas, escolas de musica tradicional, facendo foles de gaitas, mellorando os instrumentos de percusión, empresas de xestión cultural, sempre con humildade e de xeito altruista.
Sempre a disposición do que fixera falta en calquer lugar do país, foi peza clave e fundamental na construción da Asociación de Gaiteiros Galegos que hoxe temos, como vogal da zona de Ferrol, como Secretario e como Presidente dende o ano 1993 ata o ano 2015, que foi nomeado Presidente de honra da AGG.
El aprendeunos a traballar dende a base, con visión de País, e mais construír o presente da música tradicional tendo sempre en conta o pasado que chegou a nós de mans dos vell@s músic@s e bailador@s tradicionais.
Estamos de loito, mais Santiago Caneiro xa forma parte do noso imaxinario colectivo, seguiremos traballando na súa memoria.
Compartimos a dor da familia, e mandámoslle unha grande aperta do colectivo que él tan ben representou durante tantos anos!
A capela ardente permanecerá no Tanatorio Artabria, (A Gándara, Narón) na Sala 8 ata mañá as 18.30h. cando se fará a saída cara ó cemiterio Pantín, Valdoviño.