Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Varios / A TRADESCOLA ORGANIZA UN NOVO CONCERTO DIDÁCTICO DE MÚSICA TRADICIONAL PARA ESCOLARES NO CEE SANTA MARIA DE LUGO

A TRADESCOLA ORGANIZA UN NOVO CONCERTO DIDÁCTICO DE MÚSICA TRADICIONAL PARA ESCOLARES NO CEE SANTA MARIA DE LUGO

Varios

cartaz cdtrad_stamariaA Tradescola, escola de música tradicional galega que xestiona a Asociación de Gaiteir@s Galeg@s na cidade de Lugo, achegarase ata o CEE Santa María de Lugo, para impartir unha nova xornada de música tradicional que terá lugar mañá mércores a partir das 11.00 horas. Con estas xornadas, que contan coa axuda da área de Cultura da Deputación de Lugo, a Tradescola pretende achegar á comunidade escolar a nosa música e a nosa cultura tradicional, dun xeito ameno e didáctico a través dos concertos impartidos nos distintos centros.

Neste concerto, que estará impartido polos mestres da Tradescola Xabier Iglesias, Jose Manuel López, e Paula Fdez. amosaráselles aos alumn@s distintos instrumentos, ritmos, e melodías protagonistas da música tradicional e popular galega.