Asociacion de Gaiteiros Galegos

Gaiteiros galegos
Inicio / Novas / Varios / Obradoiro sobre programas informáticos aplicados á música tradicional na Tradescola

Obradoiro sobre programas informáticos aplicados á música tradicional na Tradescola

Varios

 

cartaz oproginformaticosO vindeiro venres 7 de xuño en horario de 16 a 19 horas faremos un obradoiro de programas informáticos aplicados á música tradicional na Tradescola. 

Este obradoiro está dirixido a todas as persoas que desexen iniciarse na edición de partituras mediante o uso dun programa de software libre como é o Musescore.

Tratarase:
Descarga e instalación do programa Musescore.
Coñecemento xeral do programa.
Creación de partituras.
Modificación de partituras.
O midi e o pdf.

¡Aberto prazo de inscrición!

A inscripción é gratuíta e as prazas son limitadas (asignaránse por rigurosa orde de matrícula). Podes anotarte chamando ao teléfono 982 229 966, enviando un correo a Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo ou na Tradescola. Animadevos a aproveitar este interesante curso!!!!