Festival XII Folk In río de Touro
Venres, 24 Maio 2019 11:16
O vindeiro 16 de Xuño en Touro terá lugar o Festival XII Folk In río organizado pola Asociación Cultural As Sobreiras do Ulla. Na sesión vermut estarán As Nenas do Sapo Dourado, e despois actuarán o mago Dani García, Uxía Lambona e a Banda Molona, Malvela e a Banda da Balbina.
Contarán tamén con cantos de taberna, feira de artesanía, xantar campestre e animación infantil !!! Non faltedes!!!