Asociacion de Gaiteiros Galegos

Gaiteiros galegos
Inicio / Novas / Varios / Festival infantil e xuvenil fin de curso da Tradescola

Festival infantil e xuvenil fin de curso da Tradescola

Varios

 

cartaz trad_festivalfincursopeques - pqO vindeiro martes 4 de Xuño a partir das 17.30 h, celebraremos o  I final de curso da Tradescola cun concerto de música e baile tradicional que terá lugar no Centro Cultural do Vello Cárcere de Lugo. Nesta actividade actuarán alumn@s dos grupos infantiles e xuveniles da Tradescola acompañados polos seus mestres.

Esperámosvos a tod@s  para disfrutar da nosa cultura tradicional!!! Non faltedes!!!

A Tradescola, que contou neste curso con preto de 300 alumnos matriculados, conta no seu equipo docente con 10 recoñecidos mestres do eido da música tradicional que son os encargados de impartir as aulas de: gaita, zanfona, acordeón, baile tradicional, canto tradicional, percusión, requinta, pandeiro e linguaxe musical , ademais de aulas específicas para os máis pequenos.