Asociacion de Gaiteiros Galegos

Gaiteiros galegos
Inicio / Novas / Varios / Celebración dos Maios e das Letras Galegas na Tradescola

Celebración dos Maios e das Letras Galegas na Tradescola

Varios

 

cartaz maios - pqO vindeiro día 16 de maio celebraremos os Maios e o día das Letras Galegas na Praza de San Marcos (Lugo)(Diante do edificio da Deputación) con actividades e un concerto e gustaríanos contar coa vosa participación!!

O programa desta celebración a cargo da Tradescola será o seguinte:

17.00 horas: Aí ven o Maio…!

Elaboraremos entre todos un maio figurado (podedes traer  fiuncho, fentos, herbasonsmaio antonfraguas - pqs, frores , frores de xesta, froitos (laranxas), ovos…)

Nesta actividade podedes participar tod@s @s nen@s que queirades!!

E a continuación actuarán grupos infantiles da Tradescola.

18.30 horas: Concerto Sons de Maio para Antón Fraguas a cargo de alumnado e profesorado da Tradescola.

Esperámosvos para darlle a benvida á Primavera e homenaxear a Antón Fraguas no día das nosas letras!!