Cántigas e Frores de Lugo no vindeiro Recuncho da Palleta
Venres, 12 Abril 2019 16:15
Este domingo, no "Recuncho da Palleta" do programa "Lume na Palleira" conducido por Emilio Españadero, contaremos con Vítor Otero que nos falará sobre a Asociación Cultural Cántigas e Frores de Lugo e sobre a 37 edición do Curso de Cultura Tradicional que organiza esta asociación todos os anos nas datas de Semana Santa.
Non te perdas, esta nova emisión do Recuncho da Palleta dentro do programa Lume na Palleira, o domingo as 17:00 horas.