A Tradescola achegarase o vindeiro martes 23 de abril ata Vilalba para realizar unha nova xornada didáctica de música tradicional para escolares.
Venres, 12 Abril 2019 16:08
A Tradescola, xestionada pola Asociación de Gaiteir@s Galeg@s en Lugo, achegarase o vindeiro martes 23 de abril ata Vilalba para realizar unha nova xornada didáctica de música tradicional para escolares.
Amósarémoslles os distintos ritmos, instrumentos e melodías protagonistas da nosa música tradicional e popular galega a tod@s @s alumn@s do CEIP A. Insua Bermúdez de Vilalba en dous concertos que terán lugar as 11.00 horas e as 12.30 horas e estarán guiados polos mestres da Tradescola Carme López, Paula Fernández e Bruno Villamor.