Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Varios / Fondo pesar polo pasamento de Pazos de Merexo

Fondo pesar polo pasamento de Pazos de Merexo

Varios

pazos de merexoHoxe temos que dar unha triste nova. Faleceu Manuel José Pazos Redonda, coñecido como Pazos de Merexo, un Muxián ilustre, músico extraordinario, agradecido e xeneroso que foi e será por sempre unha verdadeira lenda do acordeón diatónico en Galicia.

Os restos mortais de Pazos de Merexo están a ser velados no tanatorio de Muxía, e a condución do cadáver está prevista hoxe martes 26, pola tarde, a igrexa parroquial de San Martiño de Ozón.

Dende a Asociación de Gaiteir@s Galeg@s compartimos a dor e lamentamos fondamente a súa perda.

DEP