Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Varios / Beatriz Busto no vindeiro Recuncho da Palleta

Beatriz Busto no vindeiro Recuncho da Palleta

Varios

lumepalleiraEste domingo, 24 de marzo, no "Recuncho da palleta" do programa "Lume na Palleira" conducido por Emilio Españadero, contaremos con Vitor Otero. Xuntos entrevistarán a Beatriz Busto sobre o traballo que fixo en relación á presenza da música tradicional no NODO. Tamén tentarán facer unha conexión co  24 Xantar Gaiteiro - Homenaxe a Antón Corral que se celebra en Tui.

Non te perdas, esta nova emisión do Recuncho da Palleta dentro do programa Lume na Palleira, o domingo as 17:00 horas.