Asociacion de Gaiteiros Galegos

Gaiteiros galegos
Inicio / Novas / Varios / Aberto o prazo de inscrición para o 24 Xantar Gaiteiro da AGG

Aberto o prazo de inscrición para o 24 Xantar Gaiteiro da AGG

Varios

xantargaiteiro2019 cartelwebpqAsociación de Gaiteir@s Galeg@s ten o pracer de convidarte ao tradicional Xantar Gaiteiro, que nesta 24ª edición celebrarase no Concello de Tui o vindeiro 24 de marzo.

Como xa sabes, esta xuntanza ten como finalidade principal a de pasar un día agradable en compaña dos que gustamos da música tradicional, creando así un punto de encontro, de intercambio e de festa. Ademais, queremos aproveitar a celebración para render homenaxe ao mestre Antón Corral.

O programa será o seguinte:

12:00h. Homenaxe a Antón Corral no Auditorio Municipal de Tui

14:30h. XIV Xantar Gaiteiro no restaurante Cruceiro do Monte (Camiño Cruceiro, 23. Saída de Tui cara a Baiona)

MENÚ: 1º- Sopa de Cocido, 2º Cocido galego, postre, viño, auga e refrescos.

PREZO: 22 euros por persoa (que serán entregados ao entrar).

Para poder asistir ao xantar será necesario a previa inscrición. Data límite para a reserva: 20 de marzo.

Mais información e reservas nos teléfonos 986 84 70 74 / 982 22 99 66 ou a través do correo electrónico Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo