Asociacion de Gaiteiros Galegos

Gaiteiros galegos
Inicio / Novas / Varios / Brincadeiras miudiñas con Cé orquestra pantasma na Tradescola

Brincadeiras miudiñas con Cé orquestra pantasma na Tradescola

Varios

 

nadal cepantasma_trad__web 3O vindeiro martes día 18 de decembro a partir das 17.00 horas na Tradescola darémoslle a benvida ao Nadal coas BRINCADEIRAS MIUDIÑAS, unha xornada para gozar xogando, bailando, cantando e creando con Cé orquestra pantasma.

Haberá música, baile, obradoiro de creación libre con materiais naturais e xogos e xoguetes tradicionais. Lembraremos vellas formas de brincar, indispensables para unha vida moderna e recuperaremos a creación como acto fundamental no xogo, formación  e felicidade dos máis pequenos.

A entrada é de balde para tod@s!!! Esperámosvos no salón de actos da Tradescola na Rúa Pintor Corredoira 4- Lugo!!!!