As Xornadas de Baile da AGG no vindeiro Recuncho da Palleta
Mércores, 05 Decembro 2018 17:21
O vindeiro domingo, dende a Asociacion de Gaiteir@s Galeg@s estaremos no "Recuncho da palleta" dentro do programa "Lume na Palleira" conducido por Emilio Españadero. Nesta ocasión contaremos con Gustavo Couto que nos presentará as Xornadas de Baile que terán lugar o vindeiro 16 de decembro en Teo, organizadas pola AGG.
Non te perdas, esta nova emisión do Recuncho da Palleta dentro do programa Lume na Palleira, o domingo as 17:00 horas.