Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio

cartaz gaitamar2018_webEste domingo estaremos en Rianxo nunha nova edición das Xornadas a Gaita no Mar.

Con estas xornadas organizadas pola Asociación de Gaiteir@s Galeg@s en colaboración con Cultura da Deputación de A Coruña e o Concello de Rianxo, queremos recoñecer a gran contribución que fixeron os mariñeiros gaiteiros no espallamento da nosa música tradicional  ao son do noso instrumento mais representativo, levándoo polo mundo adiante a través do mar. 

Queremos aproveitar a ocasión para render unha mais que merecida homenaxe aos Gaiteiros do Mar. Ademais, durante as xornadas poderemos ver o documental "Dos Gaiteiros do Mar" codirixido por Xurxo Souto xunto a Marín Rodas, unha fita que recupera a memoria dos mariñeiros-gaiteiros que se embarcaron nos anos sesenta e setenta con destino ao Gran Sol, Terranova, Namibia,... queremos ademais render homenaxe aos "Gaiteiros do Mar". E como peche, que mellor que unha tocata no mar!!!

Programa

11.30 - Proxección do documental “Dos gaiteiros do mar”, codirixido por Xurxo Souto xunto a Martín Rodas.
12.15 - Homenaxe aos Gaiteiros do Mar coa mención especial a Lito de Pinténs e coa colaboración de Xurxo Souto (codirector do documental “Dos gaiteiros do mar”).
13.00 - Saída a tocar no mar con Fogo Fatuo (se o tempo acompaña, senón recorreremos ao plan B).

Lugar: Edicifio Liceo (Rúa Rinlo).

Agardámoste este domingo en Rianxo, nesta nova edición da Gaita no Mar!!

Máis información: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo 986 847 074 - 982 229 96