Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Lume na Palleira / Este domingo, no Recuncho da Palleta falaremos de Benjamín Fernández Pazos

Este domingo, no Recuncho da Palleta falaremos de Benjamín Fernández Pazos

Lume na Palleira

a-musica-e-mondariz-grupo-gaiteirosO vindeiro domingo dende a Asociacion de Gaiteir@s Galeg@s estaremos con tod@s vosoutr@s no "Recuncho da Palleta" dentro do programa "Lume na Palleira" conducido por Emilio Españadero.

Este recuncho, no que contaremos con Xaime Estévez, vai ser o segundo sobre compositores da gaita. Dedicarémolo a Benjamín Fernández Pazos. Músico nado en Mondariz onde formóuse na banda pero que dende os vinte e poucos anos viviu e casou en Lugo formando parte da Banda Municipal máis de cincuenta anos na que chegou a ser subdirector. Falaremos das últimas investigacións sobre a súa importancia para a música galega, do home que era contado por un dos seus netos e ata preguntaremos a un ilustre como Antón Corral da súa relación con el xa que coincidiron na banda municipal de Lugo. B.F.Pazos foi un dinamizador da música para gaita galega sobre todo a partir dos anos sesenta, grupos senlleiros como Os Amigos de Lugo ou Os Montes contaron coas súas composicións, composicións que tamén lle deron premios como no San Froilán polo 1957. Ademáis as súas obras seguen gravándose por grupos como Treixadura ou Xarabal e forman parte ineludible do repertorio clásico para gaita caso de pezas como "Pinceladas de Galicia" " Na Fonte do Souto" e moitas outras das que falaremos.

Non te perdas, esta nova emisión do Recuncho da Palleta dentro do programa Lume na Palleira, o domingo as 17:00 horas.