Aberto o prazo de inscrición para as V Xornadas sobre Baile Tradicional da AGG - Lugo
Venres, 09 Novembro 2018 11:13
A Asociación de Gaiteir@s Galeg@s abre o prazo de inscrición para as V Xornadas sobre Baile Tradicional, que terán lugar en Lugo o vindeiro 18 de novembro en horario de 11.30 horas a 13.30 horas e de 16.00 horas a 20.00 horas.
Estas xornadas, que están pensadas tanto para os profesionais do mundo da danza, como para todos aqueles interesados no baile galego que queiran completar os seus coñecementos e participar de xeito activo na mellora e dinamización da nosa tradición terán lugar na Tradescola - Salón de Actos do Centro Lug 2 (Rúa Pintor Corredoira nº 4 – LUGO).
Nestas xornadas contaremos con grande profesionais do baile tradicional como son Pedro Brañas, José Codesido e Xabier Iglesias, que serán os encargados de amosarnos e ensinarnos algúns dos bailes mais característicos da tradición galega.
Estas xornadas que están patrocinadas pola Secretaría Xeral de Cultura, son xa unha cita anual imprescindible para tod@s @s amantes do baile tradicional.
Lugar: Tradescola - Salón de Actos do Centro Lug 2 (Rúa Pintor Corredoira nº 4 – LUGO)
Data: 18 de novembro de 2018
Programa das V Xornadas de Baile Tradicional
11.15h - Recepción participantes e apertura da Xornada
11.30h - Relatorio- Obradoiro
Pedro Brañas - "Maneo na comarca de Bergantiños"
13.30h - Xantar
16.00h - Relatorio - Obradoiro
José Codesido - “ O Bailar en Arcos- Mazaricos"
18.00h - Descanso
18.15h - Relatorio - Obradoiro
Xabier Iglesias - "O baile solto ao xeito de Vilavexe - As Nogais"
20.15h - Peche das xornadas
A asistencia a estas xornadas será de balde. As prazas son limitadas por orde inscrición. Podedes realizar as inscricións a través do correo electrónico Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo ou a través de teléfono nos números 986 847 074 – 982 229 966 indicando nome e apelidos, teléfono de contacto e mail.
Non esperedes que as prazas voan!!!