Asociacion de Gaiteiros Galegos

Gaiteiros galegos
Inicio / Novas / Varios / O vindeiro Recuncho da Palleta estará adicado ao compositor Carlos Justo

O vindeiro Recuncho da Palleta estará adicado ao compositor Carlos Justo

Varios

justoO vindeiro domingo a Asociacion de Gaiteir@s Galeg@s estará con tod@s vosoutr@s no "Recuncho da palleta" dentro do programa "Lume na Palleira" conducido por Emilio Españadero.

Con este recuncho Xaime Estévez comeza unha serie dedicada aos compositores de pezas para gaita que fan posible que o repertorio tradicional se amplie cada vez máis con inspiradas propostas e matices novos. O compositor ó que se dedica este recuncho, Carlos Justo, pódese dicir que é atípico xa que non corresponde co perfil de gaiteiro ou compositor da maioría, sen embargo logrou chamar a atención de grupos moi importantes dende o ano 1986 ( Muxicas, Noitarega, Sete netos, Universidade popular de Vigo,...) que popularizaron algunhas das súas obras como a Muiñeira de Coia, Na Fonte da Falperra ou Baixando para a Salgueira, por citar das máis coñecidas. Falaremos co propio compositor e descubriremos curiosidades da súa vida e obra e quizais rematemos cunha sorpresa...

 

Non te perdas, esta nova emisión do Recuncho da Palleta dentro do programa Lume na Palleira, o domingo as 17:00 horas.

 

E lembra que nas madrugadas de luns a martes (de 01:00h a 02:00h), na Radio Galega, tes unha cita coas "Escolmas Musicais" de Lume Na Palleira.