Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Varios / XXX Xuntanza de Gaiteir@s organizada pola Banda de Gaitas Tradicional “Airiños de Fene” no vindeiro Recuncho da Palleta

XXX Xuntanza de Gaiteir@s organizada pola Banda de Gaitas Tradicional “Airiños de Fene” no vindeiro Recuncho da Palleta

Varios

lumepalleiraO vindeiro domingo a Asociacion de Gaiteir@s Galeg@s estará con tod@s vosoutr@s no "Recuncho da palleta" dentro do programa "Lume na Palleira" conducido por Emilio Españadero. Nesta ocasión contaremos con Ramón Dopico que nos falará da XXX Xuntanza de Gaiteir@s, organizada pola Banda de Gaitas Tradicional “Airiños de Fene” que terá lugar o vindeiro sábado día 27 de outubro de 2018 a partir das 19.30 horas na S.C.R.D. Agarimo de Sillobre (Fene), e na que homenaxearán a Xabier Díaz.

Non te perdas, esta nova emisión do Recuncho da Palleta dentro do programa Lume na Palleira, o domingo as 17:00 horas.

E lembra que nas madrugadas de luns a martes (de 01:00h a 02:00h), na Radio Galega, tes unha cita coas "Escolmas Musicais" de Lume Na Palleira.