Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Varios / XXX Xuntanza de Gaiteir@s 2018 - Homenaxe a Xabier Díaz.

XXX Xuntanza de Gaiteir@s 2018 - Homenaxe a Xabier Díaz.

Varios

cartaz 2018O sábado día 27 de outubro de 2018 a partir das 19.30 horas na S.C.R.D. Agarimo de Sillobre (Fene), a Banda de Gaitas Tradicional “Airiños de Fene” celebrará a XXX Xuntanza de Gaiteir@s, actividade que organiza tódolos anos dende o 1988. Nestas xuntanzas, ademais da participación de distintas bandas, grupos ou músicos, aproveitan a ocasión para realizar unha homenaxe a algunha persoa, grupo ou entidade que se caracterizou por gardar, recoller, recuperar e dar a coñecer a nosa música tradicional.

Nesta XXX Xuntanza homenaxearán a Xabier Díaz

Xabier Díaz compaxina a súas facetas de músico e compositor cunha laboriosa actividade como investigador e compilador do noso folclore tradicional.

Dos primeiros sopros de Xabier nunha gaita de fol ate hoxe pasaron máis de 30 anos. Ao longo de todos este anos a actividade de Xabier é incesante tendo sempre a música popular no horizonte.

Dende as súas primeiras experiencias até hoxe, foron moitas as entidades, grupos e proxectos nos que participou e colaborou: Xacarandaina, Rumbadeira, Nova Galega de Danza, Berrogüeto, aCadaCanto.... .

Nesta XXX Xuntanza de Gaiteiros contarase tamén coa participación de: Guadi Galego, Guillerme Fernández, Fernando Barroso, Alfonso Merino, os grupos de cantareiras “Xerfa”, e “Xirifeiras”, a Banda de Gaitas Tradicional Airiños de Fene e Xabier Díaz. A Xuntanza será presentada por Ana Santiago. Non faltes!!