Asociacion de Gaiteiros Galegos

Gaiteiros galegos
Inicio / Novas / Varios / Actuación do coro "Aires da Terra: o legado de Feijóo" (última) e espectáculo "De tradición con Suso Vaamonde"

Actuación do coro "Aires da Terra: o legado de Feijóo" (última) e espectáculo "De tradición con Suso Vaamonde"

Varios

coro aires da terraO sábado día 13 de outubro terá lugar no Museo de Pontevedra (Sexto Edificio) a última actuación do coro "Aires da Terra: o legado de Feijóo". Catro anos despois de resucitar o coro, enterrámolo de novo no mesmo lugar onde renaceu.
Esta actuación, presentada por Xurxo Souto, entra dentro das actividades do Festival Cantos na maré.

E o domingo día 14, ás 12:30 h, nas ruinas de San Domingos, tamén en Pontevedra, levaremos a cabo o espectáculo "De tradición con Suso Vaamonde", coa colaboración, nesta ocasión, da Banda de Pontevedra.