Asociacion de Gaiteiros Galegos

Gaiteiros galegos
Inicio / Novas / Varios / No vindeiro Recuncho da Palleta falaremos da homenaxe que a AGG, en colaboración co Concello de Vilagarcía lle renderán ao histórico grupo de gaitas, Os Campaneiros, o vindeiro 6 de outubro.

No vindeiro Recuncho da Palleta falaremos da homenaxe que a AGG, en colaboración co Concello de Vilagarcía lle renderán ao histórico grupo de gaitas, Os Campaneiros, o vindeiro 6 de outubro.

Varios

nota de prensa - outra postalanos 70 pqO vindeiro domingo a Asociacion de Gaiteir@s Galeg@s estará con tod@s vosout@s no "Recuncho da palleta" dentro do programa "Lume na Palleira" conducido por Emilio Españadero. Nesta ocasión contaremos con Gustavo Couto que nos falará da homenaxe que a AGG, en colaboración co Concello de Vilagarcía lle renderán ao histórico grupo de gaitas, Os Campaneiros o vindeiro 6 de outubro.

Tamén contaremos coa música en directo do grupo Os mecos de Ogrobe, interpretando pezas do repertorio dos Campaneiros.

Non te perdas, esta nova emisión do Recuncho da Palleta dentro do programa Lume na Palleira, o domingo as 17:00 horas.

E lembra que nas madrugadas de luns a martes (de 01:00h a 02:00h), na Radio Galega, tes unha cita coas "Escolmas Musicais" de Lume Na Palleira.