Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / AGG / Homenaxe a "Os Campaneiros de Vilagarcía"

Homenaxe a "Os Campaneiros de Vilagarcía"

AGG

 cartel-campaneirosdef webA Asociación de Gaiteir@s Galeg@s, en colaboración co Concello de Vilagarcía renden homenaxe ao histórico grupo de gaitas, Os Campaneiros.

O vindeiro sábado 06 de outubro, Vilagarcía acollerá este acto organizado pola Asociación de Gaiteir@s Galeg@s en colaboración co Concello co obxectivo e preservar e difundir o legado dos Campaneiros de Vilagarcía.
Con este evento, que constará de charlas, pasarrúas, concertos e a inauguración dunha exposición que se poderá visitar ata o vindeiro día 31 de outubro na sala de exposicións do auditorio, preténdese amosar o recoñecemento a toda unha vida de dedicación a nosa música tradicional e ao enorme valor patrimonial do legado que nos deixaron estes grandes músicos.

Os Campaneiros de Vilagarcía foi un dos cuartetos de gaitas de música tradicional galega mais importantes do s.XX, formado nos anos 20 en Vilagarcía de Arousa, e que permaneceu en activo ata 1984, sendo un dos grupos de gaiteiros mais lonxevos da nosa historia, con mais de 50 anos tocando. Fundárono José e Ramón Valiñas, dos Campaneiros, de ahí o nome, que era o alcume familiar. Na percusión houbo variación ao longo da historia do grupo, ata que nos anos 60 a formación acada a excelencia coa incorporación de Celestino e José Carballa “Os Sabelos” fillos de “Palla Mallada” un coñecido gaiteiro da comarca arousá.
Este cuarteto de dous pares de irmáns, os irmáns Valiñas e os irmáns Carballa, constitúen un referente fundamental sobre todo pola particularidade do seu modo de interpretar as súas músicas dunha forma diferenciada, e polo gran legado que nos deixaron, con mais de oitenta pezas.

Nesta mais que merecida homenaxe aos Camparaneiros, contaremos cunha xornada chea de contidos. Velaí o programa:

11.00 – Apertura do evento
11.15 – Inauguración da exposición
11.45 – Relatorio “Os Campaneiros de Vilagarcía”. Por Xaquín Xesteira.
12.30 – Mesa de debate “Os Campaneiros de Vilagarcía e a súa pegada na historia da música tradicional galega”.
               Participantes: Xosé V. Ferreirós, Carlos Rei, Ramón Vázquez Acha e Paulo Nogueira. Modera Cándido Meixide.
17.00 – Pasarrúas a cargo de: Os Terribles de Arousa, Faíscas de Solobeira, Ansuiña, Os Mecos de Ogrobe, Xirifeiros e Malveiras
19.00 – Concerto no Salón Garcíacon: Os Terribles de Arousa, Faíscas de Solobeira, Ansuiña, Os Mecos de Ogrobe, Xirifeiros e Malveiras

Con esta homenaxe, dende a AGG búscase seguir traballando en prol da música tradicional promovendo a recuperación do noso patrimonio cultural.
Máis información: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo 986 847 074 - 982 229 966

Esperámoste!!!!!!!!!!!