Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Varios / Aberto o prazo de matrícula na Tradescola

Aberto o prazo de matrícula na Tradescola

Varios

cartaz tradescola_matricula_aberta_webChega setembro e na TRADESCOLA,  o centro de ensino de música e de baile tradicional xestionado pola Asociación de Gaiteir@s Galeg@s en Lugo, abrimos o prazo de matrícula para nov@s alumn@s nas aulas de música e baile tradicional (nen@s e adultos) para o curso 2018/2019, que se iniciará o 17 de setembro. (O prazo de matrícula estará aberto dende o día 5 ata o día 21 de setembro).

Na Tradescola impartimos as seguintes materias: gaita, zanfona, acordeón, baile tradicional, pandeiro, canto e pandeireta, percusión, requinta e linguaxe musical ademais de aulas específicas para os máis pequenos.

Tamén continuamos ofertando o novo itinerario profesional que ten como finalidade proporcionar ao alumnado unha formación coa que garantir a cualificación dos futuros profesionais que serán quen de continuar coa transmisión e exposición do noso patrimonio. Este novo itinerario impártese paralelamente ás aulas xa existentes, que continuarán como en anos anteriores.

MATRÍCULA  NA TRADESCOLA

A Tradescola oferta as materias de gaita, zanfona, acordeón, baile tradicional, pandeiro, canto e pandeireta, percusión, requinta e linguaxe musical, ademais de aulas específicas para os máis pequenos.

Na escola poden inscribirse alumn@s a partir de 4 anos, en niveles de iniciación ou perfeccionamento.

As clases impártense en horario de tarde*, de luns a venres, e o curso iniciarase o vindeiro 17 de setembro.(algunhas materias contan tamén con horarios de mañá)

Podes solicitar máis información nos locais da Tradescola (Centro Lug 2 - Rúa Pintor Corredoira Nº4 - Lugo ) en horario de 11.00 a 14.00 horas e de 16.00 a 18.00 horas, chamando ó teléfono 982229966 ou a través do correo electrónico Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo