Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Varios / Romaría de Santa Margarida -A Coruña.

Romaría de Santa Margarida -A Coruña.

Varios

santa margarida 2018Esta semana, o baile e música tradicionais enchen A Coruña cunha Romaría de Santa Margarida que pecha as festas maríapita18.

Actividades previas que van dende unha exposición de traxes da Asociación Etnográfica Sete Espadelas en comercios, a presentación de "Mulleres de Gargamala" con Arredor da Tradición en Bar-Ambigú (Tempo Novo-Relámpago), singladura tabernaria e unha interesante xornada con Brincadeira sobre o traxe.

Obradoiros e actuacións nas prazas o sábado 25!

- PRAZA DE VIGO (BAILE):
Actuacións da A. C. Donaire e Af Aturuxo.
Obradoiros con Carminha Campo e Chus Caramés, Montse Rivera e Pablo Díaz! (non hai que inscribirse!)

- PRAZA DE GALICIA (MÚSICA):
Actuacións da A.C. Donaire e A.F. Aturuxo.
Obradoiros con Oli Xiráldez, Xulia Feixoo e Tanxugueiras.  (non hai que inscribirse!)

- PRAZA DE LUGO (MIÚDA): 
Obradoiro de brinquedos sonoros con Miudiño S Coop Galega, de mariquiñas con traxe tradicional e de danza de paus e fitas con Marta Otero e intervención de Dúbidadúo.

Concertos no parque de Santa Margarida!
- Sábado: Dúbidadúo Trío Band, Os Melidaos, Xabier Díaz e Adufeiras de Salitre e Tanxugueiras.
- Domingo: Banda Municipal de A Coruña, A. C. Xacarandaina, Samarúas e SondeSeu Orquestra Folk + convidados.