Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Varios / I Concurso Infantil de Gaitas Memorial Mingos de Pita

I Concurso Infantil de Gaitas Memorial Mingos de Pita

Varios

 

mingos pqA Asociación Cultural Terra de Melide convoca o sábado 15 de setembro de 2018 o 1º Concurso infantil de Gaita e Percusión Galega, co obxectivo de manter viva a figura de Mingos de Pita, fundador e último presidente desta asociación e, por riba de todo, galego bo e xeneroso de nacencia e corazón; así como promover e difundir a música tradicional galega, o que foi unha das súas constantes vitais.

Esta primeira edición rexerase polas seguintes bases:

1-Poderán participar no concurso todos aqueles grupos de gaitas cuxos compoñentes teñan unha idade inferior aos 14 anos e toquen instrumentos tradicionais galegos sen modificacións de ningún tipo.

2- A solicitude de inscrición seguirá o modelo facilitado. Entregarase copia en Cas Parrado en Melide ou no enderezo electrónico Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo ou no seguinte enderezo postal:

IMAXINA

Florentino Cuevillas 4 BX

15800 Melide

A inscrición é de balde e realizarase nos enderezos arriba indicados ata o día 30 de agosto de 2018. A organización comunicará a admisión aos grupos antes do día 10 de setembro.

3- O número máximo de grupos participantes será de 10 elexidos pola orde de inscrición. A selección para a orde de participación realizarase por sorteo no cantón de san Roque unha hora antes do inicio do concurso. Os compoñentes dos grupos non poderán participar con outro grupo na mesma edición.

4- Os instrumentos obrigatorios para concursar serán dúas gaitas, bombo e tamboril. Non se admitirán nin mais nin menos instrumentos dos citados. Os participantes deberán vestir o traxe tradicional.

5- Os grupos participantes estarán ás 16.00 horas no Cantón de San Roque onde se celebrará o sorteo. Unha vez rematado este, os grupos dirixiranse en pasarrúas ata a Praza do Convento ou, no caso de chuvia, á casa da Cultura. A partir das 16.30 horas dará comezo o I Concurso de Gaitas Memorial Mingos de Pita.

6- Os grupos participantes interpretarán dúas pezas: a primeira será de libre elección, a segunda, obrigada, a Muiñeira de Garceiras. O tempo total das dúas pezas non poderá superar os oito minutos e non se admitirán popurrís.

7- Permitirase a afinación no escenario. Rematadas as actuacións o xurado resolverá a clasificación dos grupos participantes. O xurado será quen de declarar deserto algún dos premios.

8- O xurado deste I Concurso de Gaitas Memorial Mingos de Pita estará composto por:

Ramón Martinez Pedreira (Froito Novo)

Xosé María Blanco López (Os Melidaos)

Manuel Parrado Garea (AC Terra de Melide)

Miguel Varela Puga (Herba Grileira)

Manuel Varela Vázquez (AC Terra de Melide)

Román Varela Varela (Bico da Balouta)

Manuel Carregal López ( O pozo pequeno)

Xaneco Tubío Fdez. (Asoc. Gaiteir@s Galeg@s)

9- Na recollida dos premios subirán ao escenario todos os compoñentes dos grupos clasificados nos tres primeiros postos vestindo o traxe tradicional galego.

10- O I Concurso Memorial Mingos de Pita estará dotado dos seguintes premios:

1º clasificado 400€

2º clasificado 200€

3º clasificado 100€

Así mesmo, a organización convidará a todos os participantes a unha pequena merenda na Casa Reitoral.

O grupo gañador abrirá o concerto do grupo invitado neste I Memorial Mingos de Pita, que comezará ás 21.00 horas no lugar onde se teña celebrado o concurso.

11- A participación neste concurso supón a plena aceptación das presentes bases e a conformidade coas decisión da organización e do xurado, sen dereito a reclamación ou recurso.

mingos 2